Benvido ao noso establecemento Casa Casarellos. Confortable Casa de Aldea, situada na comarca de CARBALLINO,a 500m do camiño de Santiago, ruta Vía de la plata. Ourense.
O conxunto de construcións en pedra ou arquitectura tradicional que ofrece a zona recrea o máis suxestivo ambiente da sociedade rural galega (casa principal, casas secundarias, forno e hórreo con máis de 100 anos de antigüidade). A súa situación, no mesmo corazón de Galicia (áchase equidistante dos puntos de maior interese da comunidade) convérteo no lugar ideal para as súas vacacións e descanso.
CASA CASARELLOS ten capacidade para 18 persoas. Dispón de 8 habitacións dobres con baño e TV totalmente equipadas para a súa comodidade e descanso. Sinalar a esmerada decoración de cada unha delas. Tamén temos berces e 2 camas supletorias que se achan a disposición dos hóspedes que as necesiten para cubrir as súas necesidades de aloxamento.
En CASA CASARELLOS poderá gozar das seguintes instalacións:
Xardín-terraza, Parking exterior, Zonas verdes, WC con barras de apoio, WC unisex accesible, Piscina accesible para minusválidos, Solarium, Tumbonas ou mobles de xardín, Biblioteca, Salón social.
Calle Lugar Casarellos, 1
CASARELLOS 32138 - Ourense (ES)
Telf | +(34) 988 403 222 - 600 561 204 | reservascasarellos@gmail.com
Nº de Registro de Actividades Turísticas (R.E.A.T.): 239
aviso legal | condicións de uso